VENRES 6 e SÁBADO 7 de NOVEMBRO DE 2026
LUGO · Museo Universitario da Domus do Mitreo
Galicia é unha comunidade autónoma exportadora de enerxía onde os parques eólicos invadiron a paisaxe, enchendo as súas montañas e costas con enormes aeroxeradores que arrasan coa beleza das súas paisaxes e destrúen a súa rica biodiversidade. Era necesario este colosal despregamento industrial de enerxía eólica cando os pobos gallegos poderían ter sido o mellor exemplo do despregamento democrático do autoconsumo?
O sistema económico, baixo o mantra imperante do crecemento e consumo infinitos, tende a “resolver” o problema da enerxía e do cambio climático da única maneira que sabe: a través dun modelo usureiro de perpetua ganancia, creando burbullas especulativas en tempos de crise e corrupción desenfreada.
O modelo actual de transición enerxética non pode dar as respostas que a nosa sociedade precisa ante os cambios sociais e económicos necesarios, para afrontar o esgotamento dos recursos naturais mantendo contraditoriamente a dependencia a gran escala industrial dos combustibles fósiles, dos minerais críticos e dos elementos de terras raras.
A Alianza de Enerxía e Territorio (ALIENTE) e a asociación Ecoloxistas Galiza Atlántica e Verde (EGAV), coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela – Campus de Lugo, Caixa Rural Galega e a Fundación Savia, organizan esta V Xornadas de “Escoita á Ciencia e ao Territorio: Transición ecolóxica ou especulación enerxética? Fagamos as cousas ben”.
As sesións celebraranse presencialmente no Museo Universitario Domus do Mitreo de Lugo, onde se debaterán os próximos pasos e as ferramentas para lograr un despregamento democrático e equitativo das enerxías renovables. As sesións serán retransmitidas en liña e gravadas para a súa posterior distribución.
PROGRAMA DAS XORNADAS:

