-

Ecoloxistas en Acción Galiza apela ao sentido común e pide que non se continue inzando eólicos na liña do litoral da Costa da Morte.
A Asociación Ecoloxistas en Acción Galiza pide á Xefatura da Vicepresidencia primeira que recue na tramitación do proxecto eólico Monteagudo polos severos impactos visuais e paisaxísticos que produciría sobre o…
-
A ASOCIACIÓN PETÓN DO LOBO E ECOLOXISTAS EN ACCIÓN GALIZA DENUNCIAN ANTE A CONSELLERÍA DE INFRAESTRUCTURAS E MOBILIDADE, POSIBLES DANOS CAUSADOS POLA ROTURA DE BALSAS MINEIRAS
As balsas mineiras estarían en zona de policía do cauce da Regueira e estarían vertendo residuos ao cauce do rego A Regueira, afluente do Río Maruzo, á veiga do Río…
-

Ecoloxistas en Acción Galiza alerta dos 5 parques eólicos que ameazan á aguia real e ao oso pardo nos Ancares-Courel
Piden non autorizar os proxectos eólicos Treboada, Ventumelo, Xeada, Orballeira e Neboada e anular as respectivas declaracións de impacto ambiental por infracción normativa e nulidade de pleno Dereito alegando os…
-

A Asociación Ecoloxistas en Acción Galiza recurre no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a autorización da mina de Urbas en Silán (Muras)
A asociación ecoloxista presentará demanda no contencioso -administrativo logo de pedir xustiza gratuita. O Monte de Escoiras tería un total de 12 balsas de decantación e a posible rotura dunha delas tería consecuencias nefastas para os núcleos próximos e os ríos, incluido o río Landro. Cómpre ter en conta que os materiais en suspensión destas balsas adoitan ter metáis pesados. Cando se abandonan metais tóxicos no ambiente, contaminan o chan e acumúlanse nas plantas e os tecidos orgánicos. O perigo dos metais pesados é maior ao non ser química nin biolóxicamente degradables. Unha vez emitidos, poden permanecer no ambiente durante centos de anos. O perigo dos metais pesados reside en que non poden ser degradados (nin química, nin biolóxicamente) e, ademais, tenden a bioacumularse e a biomagnificarse (que significa que se acumulan nos organismos vivos acadando concentracións maiores que a que alcanzan nos alimentos ou medioambiente, e que estas concentracións aumentan a medida que ascendemos na cadea trófica), provocando efectos tóxicos de moi diverso carácter. No ser humano detectáronse infinidade de efectos físicos (dores crónicas, problemas sanguíneos, etc) e efectos psíquicos (ansiedade, pasividade, etc). Ver: https://www.miteco.gob.es/es/calidad-y-evaluacion-ambiental/temas/atmosfera-y-calidad-del- aire/emisiones/probamb/metales_pesados.aspx Por tanto estas balsas deberan catalogarse como balsas de residuos mineiros da Categoría A e por tanto, deberan contar con un sistema de xestión da seguridade e de emerxencias. Cómpre lembrar que estamos a falar de terreos húmidos que escoan pola súa propia configuración e non existe un estudo xeotécnico que demostre que as balsas se poden excavar sobre a rocha directamente como afirma a promotora. Por outra banda, en base ao principio de precaución e tendo en conta a presencia moi próxima de núcleos de poboación, fontes, cauces e brañas con presencia de turberias xa non debera permitirse esta actividade extractiva a ceo aberto. Cómpre lembrar ademais que o periodo de retorno do caudal das balsas está previsto para 20 anos. Así prevese unha Balsa 1 (Fronte 1) con un volumen de 960 m3, unha balsa 2 (Fronte 2) con un volumen 1.575 m3, unha balsa 3 (Fronte 3) con un volumen e 960 m3 e unha balsa 4 (fronte 4) con un volumen de 942 m3. Un total de auga de 4.437 metros cúbicos almacenada en 12 balsas e partindo das previsións realizadas pola promotora, xa que en canto ás intensidades, unha choiva lixeira oscila entre 0,25 a 1 mm/hora, e unha choiva intensa ou torrencial excede os 20 mm./hora. As precipitacións que orixinan avenidas catastróficas son excepcionalmente intensas, ás veces máis de 200 mm nunha hora, e este aspecto non foi avalidado. A mercantil promotora non avalía o peor escenario posible. Cómpre lembrar ao respecto o desastre ambiental que no ano 2014 supuxo a rotura das balsas da canteira do Monte Neme en Carballo (A Coruña), a raíz precisamente de abondosas precipitacións e as concentracións anómalas de aluminio que contiñan estas augas, que tamén procedían da auga da choiva al igual que indica a promotora no proxecto. A necesidade da preceptiva avaliación de impacto ambiental do proxecto. A avaliación ambiental resulta indispensable para a protección do medio ambiente. Facilita a incorporación dos criterios de sustentabilidade na toma de decisións estratéxicas, a través da avaliación dos plans e programas. E a través da avaliación de proxectos, garante unha adecuada prevención dos impactos ambientais concretos que se poidan xerar, á vez que establece mecanismos eficaces de corrección ou compensación. Por outra banda NON CONSTA a renovación e prórroga dos permisos de investigación outorgados á mercantil promotora por periodos sucesivos nin que estes estén vixentes consonte ao artigo 30 da Lei 3/2008, e 23 de maio, de ordenación da minería de Galicia e consonte ao disposto na lexislación xeral. No Monte de Escoitas atópanse as especies higrófilas como, fundamentais para os ecosistemas como: 1) Rumex rupestris 7723 Higrófilo. Comunidades fontinales 2) Sphagnum pylaesii…
-

Veciños de Amil, Xeve e Campo Lameiro atopan petroglifos accidentalmente durante unha andaina na zona do futuro Polígono Eólico Acibal
Un grupo de veciños de Amil, Xeve e Campo Lameiro reuníronse este Domingo para realizar unha andaina polo Acibal e gozar da súa natureza antes da instalación dos aeroxeradores planeados…
-

A plataforma Amil Sen Eólicos, Asociación Ecoloxistas en Acción de Galicia e a Asociación Petón do Lobo solicitan a paralización inmediata das obras do parque eólico Acibal de Moraña
Informes técnicos apuntan cara unha grave alteración hidrolóxica do humedal e dosmanantiais de auga potable a consecuencia das obras de cimentación para instalar osaeroxeradores do proxecto industrial eólico que impulsa…
-

Presentación oficial do Encontro Burla Verde
No día de onte tivo lugar en Santiago de Compostela, a presentación oficial do Encontro Burla Verde e das actividades que nas vindeiras semanas se van a desenrolar como parte…
-

Ecoloxistas en Acción Galiza di NON á Ronda Leste
Esta construción implicaría uns danos irreparables a nivel ambiental que dende a responsabilidade, o sentido común e o interese xeral deben evitarse. As administracións non deben promover o gasto de…
