O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acordou a suspensión cautelar da autorización administrativa da liña de alta tensión (LAT) de 132 kV destinada á evacuación do parque eólico Airas no Concello de mondoñedo (Lugo) promovido por Fergo Galicia VentoAlfoz.
🏗️ A infraestrutura xa está construída, pero a suspensión cautelar impide que a autorización administrativa produza efectos mentres se resolve o recurso xudicial interposto.
🌿 No auto, a Sala considera que manter a eficacia da autorización durante a tramitación do procedemento podería ocasionar danos ambientais de difícil ou imposible reparación, comprometendo a efectividade dunha eventual sentenza estimatoria.
📄 O propio Tribunal aclara que esta resolución non resolve o fondo do litixio, senón que constitúe unha medida cautelar para preservar a eficacia do proceso xudicial.
👉 Podes consultar o auto íntegro a continuación.

