O Tribunal Superior de Xustiza de Madrid acordou conceder a medida cautelar solicitada por Ecologistas en Acción Galiza no recurso contra a autorización administrativa do parque eólico Santuario e as súas infraestruturas de evacuación, promovido por Enel Green Power España.
Na súa resolución, o Tribunal considera especialmente relevante a posible insuficiencia da avaliación ambiental realizada, ao non constar analizados coa claridade necesaria os efectos acumulativos e sinérxicos do proxecto xunto con outros parques eólicos próximos. A Sala entende que permitir a execución do proxecto antes de resolver o recurso podería provocar efectos ambientais irreversibles ou de difícil reversibilidade.
O auto tamén acorda que a asociación non teña que prestar caución, ao considerar que a actuación xudicial busca a protección dun ben colectivo como é o medio ambiente e se exerce ao abeiro da acción popular ambiental.
Deixamos a continuación o documento completo para a súa visualización ou descarga.

