DIA DESFAVORABLE PARA CHAMARRAPIO, ALAMOCEIROS E XUBRINTAS

O macroproxecto eólico PEol-922 AC, que incluía os parques Chamarrapio, Alamoceiros e Xubrintas, recibiu unha Declaración de Impacto Ambiental (DIA) desfavorable, segundo consta xa na sede electrónica do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

Desde Ecoloxistas Galiza Atlántica e Verde advertimos durante a súa tramitación das importantes afeccións que este proxecto podía provocar sobre o medio natural, o patrimonio cultural, a paisaxe e as poboacións afectadas, cunha actuación de 184,23 MW, 40 aeroxeradores e unha extensa infraestrutura eléctrica asociada.

Queremos agradecer especialmente a todas as persoas e colectivos que presentaron alegacións e participaron na defensa do territorio. A mobilización e a participación cidadá son fundamentais para poñer sobre a mesa os impactos deste tipo de proxectos.

Agora quedamos á espera da publicación íntegra da DIA, que permitirá coñecer con detalle os motivos polos que o órgano ambiental resolveu desfavorablemente a avaliación do proxecto.

💚 Grazas a todas as persoas que alegastes e defendestes os nosos montes, o noso patrimonio e o noso territorio.

Comparte
, , ,