EGav denunciou ante o Concello de Vigo e no rexistro oficial da Xunta da Galicia a vertedura no mar o pasado día 9 de agosto, dun produto aceitoso laranxa espallado arredor da embarcación SEGEM CUATRO, que se foi movendo pola dársena de Bouzas do Porto de Vigo.
Chama a atención esta circunstancia, pois precisamente esta lancha motora auxiliar é unha das que está sendo utilizada pola Autoridade portuaria de Vigo para o servizo de limpeza das dársenas do propio porto vigués.
No seu escrito, a organización ecoloxista demandaba a investigación da procedencia do vertido e tamén que se tomaran medidas preventivas e se informara dos pormenores de este asunto que ven a empeorar a xa preocupante contaminación alarmante do mar na Ría de Vigo.


