EGAV apoia á loita da cidadanía de Castela – A Mancha contra as macroplantas de biometano

📢 O PRAZO ATA o 23 agosto 2026

✍️Asina aquí as alegacións na seguinte ligazón contra o Decreto do Biometano de Castela – A Mancha, porque non o queremos #NinNoTeuPoboNinNoMeu firmasbiometano.com

Ecoloxistas Galicia Atlántica e Verde apoia as alegacións cidadáns ao Decreto do Biometano que pretende aprobar a Xunta de Castela – A Mancha nas que, entre outras cousas, se indica que:

  • Estas plantas non son de utilidade pública nin de interese social, nin suscitan o necesario consenso social para a súa implantación.
  • É moi temerario, antisocial e ilexítimo que este Decreto permita autorizar plantas de concentración de residuos e de biometano a dous km das poboacións onde vive a xente.

Compartimos que é grave que se permita instalar este tipo de plantas a só 2 km da poboación. De feito, a propia Dirección Xeral de Saúde Pública de Castela – A Mancha considera esa distancia totalmente insuficiente.
Pero aínda máis grave é que, en Galicia, non exista sequera unha distancia mínima regulada respecto das vivendas e das aldeas, o que deixa a poboación completamente indefensa.

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario

Scroll ao inicio