Ecoloxistas Galiza Atlántica e Verde

Medio ambiente e xustiza social

Alegacións contra a macrogranxa de 365.400 galiñas en Agolada (ata o 10 de novembro)

🛑 Agolada: alegacións contra unha nova macrogranxa industrial a só 500 metros da aldea de Couso

Un novo proxecto de macrogranxa industrial ameaza o municipio de Agolada, na comarca do Deza. A instalación situaríase a só 500 metros da aldea de Couso e a 1,1 quilómetros do núcleo principal de Agolada, onde se atopan servizos esenciais como o colexio, o centro de saúde e a casa do maior.

O proxecto suscita importantes preocupacións polos seus posibles efectos sobre a saúde da poboación, os recursos hídricos e o medio ambiente.

Entre os principais impactos destacan:

  • Proximidade ás vivendas e aos servizos públicos. O propio Estudo de Impacto Ambiental (EIA) recoñece impactos acumulativos e sinérxicos sobre a saúde humana derivados dos cheiros e dos ruídos.
  • Elevado consumo de auga. A instalación consumiría 65.845 m³ anuais, unha cantidade equivalente ao consumo de 1.409 persoas, máis do 60 % da poboación de Agolada. Este consumo produciríase nun municipio afectado por unha situación de seca prolongada declarada pola Xunta de Galicia.
  • Acumulación de impactos ambientais. A macrogranxa sumaríase á xa elevada carga gandeira da comarca do Deza, superior á da Limia. Esta presión gandeira contribúe á deterioración ambiental do encoro de Portodemouros, que presenta problemas de contaminación comparables aos que afectan o encoro das Conchas.

Desde Ecoloxistas Galiza Atlántica e Verde facemos un chamamento á participación cidadá para frear este proxecto e defender a saúde das persoas, a auga e o territorio.

📢 Participa nas alegacións!

O prazo para presentar alegacións remata o 10 de novembro de 2026.

Podes participar de dúas maneiras:

Accede á plataforma habilitada para presentar alegacións:

«Alegaciones macrogranxa Agolada (Pontevedra)» — Stop Ganaderia Industrial

Contido de Stopganaderiaindustrial

Tamén podes descargar os modelos de alegacións, dispoñibles en versión curta ou longa, e presentalos a través dun rexistro presencial ou electrónico.

Pdf alegación curta: https://ecoloxistas.fala.gal/wp-content/uploads/sites/342/2026/10/Alegacions-curtas-macrogranxa-Couso-Agolada.pdf

Word alegación curta: https://ecoloxistas.fala.gal/wp-content/uploads/sites/342/2026/10/Alegacions-curtas-macrogranxa-Couso-Agolada.odt

Pdf alegación longa: https://ecoloxistas.fala.gal/wp-content/uploads/sites/342/2026/10/Alegacions_longas_macrogranxa_Couso_Agolada_con_anexos_I_e_II.pdf

🛑 Paremos a macrogranxa de Agolada!

Alega, difunde e comparte esta información. A participación cidadá é fundamental para defender o noso territorio fronte á expansión da gandaría industrial.

Comparte
, , , ,