✍️Alegacións ao proxecto de decreto de nitratos da Xunta de Galicia

📢Prazo: ata o 🗓️03/09/2026 incluido

Neste modelo de alegacións próbase que o proxecto de decreto de nitratos parte dunha premisa xuridicamente insostible: afirma que en Galicia non hai acreditación da orixe agraria da contaminación, ignorando a sentenza firme do TSXG sobre As Conchas, que declara probada esa orixe gandeira e condena á Xunta e á CHMS por inactividade, ordenando incluso unha moratoria gandeira como medida correctora.

Achégase un cadro de normas, xurisprudencia e estudos científicos que acreditan a orixe agrogandeira dos nitratos en Galicia e na UE , nos que se confirma que a eutrofización é por si mesma criterio legal autónomo de contaminación.

Denúnciase tamén que o decreto cita de forma parcial a sentenza do TXUE C‑576/22: a ausencia de condena sobre os puntos de medición en Galicia débese a razóns procesuais (falta de proba da Comisión, extemporaneidade), non a que non exista orixe agraria; e omítese que España si foi condenada por non actuar fronte á eutrofización en todo o territorio.

E finalmente solicítase unha moratoria para a gandería intensiva , acreditación das terras de destino do xurro/dixerido, equivalencia xurro-dixerido e redución dos prazos de revisión.

  👉Ligazón para presentar as alegacións: https://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en-tramitacion/en-prazo-de-envio-de-suxestions/-/nt/0847/proxecto-decreto-polo-que-determinan-actuacions-dirixidas-reducir-evitar-contaminacion

Comparte
, ,