Ecoloxistas Galiza Atlántica e Verde

Medio ambiente e xustiza social

Alega contra a ampliación da mina de Serrabal. Prazo ata o 8 de outubro

Está en información pública a ampliación da superficie da concesión de explotación Serrabal nº 6073, situada nos concellos de Vedra e Boqueixón (A Coruña) e promovida por Ferroglobe Ramsa Mining, S.A.

O procedemento inclúe o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración da ampliación da explotación mineira.

Poñemos a disposición da cidadanía un modelo de alegacións que cuestiona, entre outras cuestións, a avaliación dos posibles impactos sobre as poboacións próximas, as augas e a cunca do río Ulla, o patrimonio cultural e paisaxístico, o Camiño de Santiago, a Rede Natura 2000 e a infraestrutura ferroviaria situada nas proximidades da explotación.

📅 O prazo para presentar alegacións remata o 8 de outubro de 2026.

📄 Descarga as alegacións:

As persoas interesadas poden completar o modelo cos seus datos, asinalo e presentalo dentro do prazo polos medios legalmente previstos.

Comparte
, ,