Ecoloxistas Galiza Atlántica e Verde

Medio ambiente e xustiza social

Aberto o prazo de inscrición para as V Xornadas de Escoita á Ciencia e ao Territorio en Lugo

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar nas V Xornadas de Escoita á Ciencia e ao Territorio, que se celebrarán os días 6 e 7 de novembro de 2026 no Museo Universitario da Domus do Mitreo, en Lugo.

Organizadas pola Alianza Enerxía e Territorio (ALIENTE) e Ecoloxistas Galiza Atlántica e Verde (EGAV), coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela, Caixa Rural Galega e Fundación Savia, as xornadas reunirán persoas do ámbito científico, especialistas e representantes de colectivos e plataformas en defensa do territorio.

Durante dous días abordarase o actual modelo de transición enerxética, a expansión dos macropolígonos eólicos, os centros de datos, o hidróxeno verde, o biogás e o biometano, así como as consecuencias ambientais, sociais e económicas destes proxectos.

As xornadas pretenden crear un espazo de encontro, reflexión e debate no que a ciencia, as comunidades afectadas e os movementos sociais poidan compartir coñecementos, experiencias e propostas para avanzar cara a unha transición ecolóxica xusta e respectuosa co territorio.

Inscricións abertas: 75 prazas presenciais

A participación presencial está limitada a 75 prazas, polo que é necesario realizar a inscrición previa.

O prazo permanecerá aberto ata o 4 de novembro de 2026 ou ata completar o aforo.

As xornadas tamén poderán seguirse en directo por Internet. Para participar na modalidade en liña tamén é necesario inscribirse.

Inscríbete aquí

👉 FORMULARIO DE INSCRICIÓN

📅 Datas: venres 6 e sábado 7 de novembro de 2026.

📍 Lugar: Museo Universitario da Domus do Mitreo, Lugo.

👥 Modalidades: presencial (75 prazas) e en liña.

🗓️ Prazo: ata o 4 de novembro ou ata completar o aforo presencial.

Podes consultar o programa completo, as persoas participantes e toda a información sobre as xornadas na nosa web:

👉 Consulta o programa das V Xornadas de Escoita á Ciencia e ao Territorio

Porque a transición ecolóxica debe escoitar á ciencia, respectar o territorio e contar coa participación da cidadanía.

Comparte